novos concertos

Posted in novas on abril 4th, 2007

14 de abril Marcos Teira Cuarteto no Auditorio de Mugardos
27 de abril Marcos Teira Cuarteto no Auditorio de Monforte de Lemos
23 de Maio Marcos Teira Ule Trio na Borriquita de Belem (Santiago de Compostela)
25 de maio Marcos Teira Ule Trio na Sala 600 de Melide.

bumba

Posted in Sobre min on xuño 30th, 2006

Pois poucos días despois de chegar do noso periplo brasileiro, collemos de novo os toles (e os pandeiros) e corre para Portugal, porque en catro días tiñamos que montar BUMBA.

¿E que é BUMBA?

“BUMBA é o son que retumba cando a man bate na pele”, di unha letra do repertorio deste espectáculo, que non é outra cousa que o último proxecto de Narf con algúns compoñentes de Timbila Muzimba (web).

A idea de xuntarnos foi vindo ós poucos. O primeiro encontro foi en Maputo (Mozambique) no verán do 2003, cando Narf e outros proxectos europeos (entre eles o meu coas músicas de Punta de Cabío) fomos a participar no Festival de Agosto que alí se celebraba. Aquilo estivo xenial e, entre outras cousas, vimos un espectáculo de Timbila Muzimba e quedamos ca boca aberta, enerxía pura filtrada a través de timbilas, percusións, voces e bailes sen tregua
.
No ano seguinte viñeron da man de Teatro Acert de Tondela, para facer xira por Portugal e participar na obra “UM ABRIL E FECHAR DE OLHOS”. Foi aí que o Fran de Narf fixo algunhas músicas con e para eles. A nosa estaba chegando…

Zé Rui, xunto coa xente de Acert, é, que eu saiba, o impulsor de unha chea de proxectos nos que se involucran artistas galegos e portugueses, e neste caso non foi para menos. Así, na primaveira do 2004, os tres de Narf e os 10 de Timbila Muzimba (xunto co noso amigo Miguel de Tondela) fixemos a música para a QUEIMA DO JUDAS. Aquilo tampouco estivo mal pero, ó final, cada un para a sua terra: os de alí para Zemanbiquo e os de alá para Zigala.

Os proxectos individuais seguiron o seu curso, pero o caso é que o veleno da música compartida xa estaba en nós. Isto, xunto coa implicación de Nordesía Produccións e, sobre todo, o infatigable empeño escorneador de Fran por levar adiante unha segunda parte do encontro, desembocou no BUMBA que agora se mostra durante os meses de maio, xuño e xullo en Galicia e Portugal. Entre o JUDAS e o BUMBA houvo traballo de composición e ensaio. Aquí nos e alí eles. E tamén viaxes alá do Fran, sen contar o trafego de maquetas a traves da internet.

En fin, agora xa está aquí ¡BUMBA!  www.bumba.blogaliza.org), con Fran, Cheny, Pepe, Tinoca, Mariano, Osorio, Toño, Celso e Marcos. Tamos xuntos.

¡Vémonos bumbando, né?!

meu brasil brasileiro

Posted in Sobre min on xuño 25th, 2006

Pois a cousa foi así: viña eu medio abaneado de Granada tentanto colocar os sentires nun sitio e os arquivos de audio noutro, para que non se me mixturaran antes de tempo; e aterrei (por pouco tempo) en Santiago ¿listo? para a próxima aventura: Brasil, ¡Guá tio Brasil,..!. Alí no aeroporto esaba Fran o de Narf, que como tiña poucas cousas que facer (je, je) achegouse a buscar a Marcos (en breve Marquinos do Pandeiro).

Sí, un ensaio pola tarde, unha ducha pola noitiña, deixar unha maleta e collea outra, 4 ou 5 horas de sono e ó aeroporto outra vez. Os de Narf (Pepe, Fran, Toño e eu) enfilando para America, para Brasil ¡cus curús cus cus! (Ben se ve cal era a predisposición pola miña parte,…)
A cousa consistía nun encontro cultural entre Niteroi (Rio de Janeiro) e España coa participación de unha chea de artistas de todo tipo e dos dous lados do oceano. Mentres íamos para alá, facíamos plans, porque entre outras cousas dous de nos estabamos de aniversario (¡cus curús cus cus!), pero sobre todo queriamos que Narf fixera un bo papel lá no Río. Entón, un quere que aquelo que non coñece sexa a ostia, pero claro despois nunca é. Pois esta vez foi, mira ti.

Ademais do tremendo flipe provocado polo jet lag, co cambio de temperatura, de cheiro de luz, etc, aquel primeiro espertar vendo a Bahía de Guanabara xa quedou metido no noso tuetano paro os restos. ¡Grande!. E claro, despois a xente é tan xenerosa e hospitalaria, e trata ós de fora con tanto cariño e respeto polo que fan, que como non estamos acostumados a tanto ben quedas parvo (as palabras sempre se fican pequenas né?)

Despois dun par de días de aclimatación no devagar brasileiro, tivemos os dous concertos nun teatro de Niteroi obxecto da nosa visita (aínda quer algúns xa casi esqueceramos). Narf era de moi lonxe visto desde aqueles lares, pero a lingua común e a sensibilidade do público axudan moito, así, os concertos de contado chegaron á xente, e tamén así nolo fixeron saber coa sua calor durante e despois dos shows. Mais un regalo,…

Xa mais relaxados despois do deber/pracer cumprido, tivemos a oportunidade de volver a visitar A Cantareira (unha praza chea de xente, de baile e de música exclusivamente ao vivo). Alí pudemos ver músicos que nos pasmaron pola sua calidade, como aquel rapaz (non recordo o nome) cantante e guitarrista que o Pepe e eu vimos no Sao Dom Dom, facendo versións orixinais enerxéticas de autores brasileiros, Personalidade a botar por fora.
Para min foi un verdadeiro descubrimento (e redescubrimento) de aquela música que ademais de bonita, é xenial no xeito no que a xente ten alí de vivila. Tamén coñecemos a Sergio e Liliam  http://lilianesergio.blogaliza.org/), entusiastas totales de toda a música, son un dúo fantástico de guitarra/cavaquinho/pandeiro e voz. Con eles compartimos charlas, cervezas, e visitas (con Segio) as tendas de música de Niteroi para enchernos de pandeiros e cavaquinho. Éste dúo (que por certo van a estar en Galicia no mes de setembro) tamén nos convidaron a tocar nun lugar vivo na música, o Convés, ahí tamén estaban Luis Pastor pero ese é un capítulo aparte e a muller do barullinho (outro)..

Teño a sensación de que me estou enrollando demasiado e ó mesmo tempo de que aínda non dixen nada, en fín, non dá,…De momento vou a deixar por aquí o tema brasileiro , que xa me chega de saudade. ¿quen sabe? Ó mellor mais adiante retomo o argumento (como dí Paulinho da Viola) e así, no recordo, podo facer miña a frase do Gil. “O Río de Janeiro continúa lindo”, né? Continuará?

granada anaranxada

Posted in Sobre min on xuño 20th, 2006

Aló xente,…

Pois si ho, a primavera do 2006, como vos dicía, está sendo a hostia.
Arrancou cunha viaxe a Granada (que bonita é Granada) a mediados de abril para tocar un par de concertos cos meus amigos mestizos de Dunia Hennia (web). Tocamos nun lugar da costa que agora non lembro (con bastantes giris, por certo) e en La Chumbera (un teatro de Granada). Este concerto estivo moi ben porque o público era moi afín, tiña moita gana de festa e nos démoslla, ademais tiñamos a Alhambra nas nosas costas, vaia un flipaso.

A verdade é que foi unha viaxe chea de sinais (algúns en forma de cor), un deles foi o feito de que en cada situación na que me atopaba especialmente ben comencei a ver que había algo de cor laranxa, ou na parede dun cuarto, ou na roupa de algunha persoa… E eu non son de fixar a atención nas cores, pero era algo que me perseguía (pero para guai), así que decidín deixarme levar, e entre outras cousas gastei os cartos que tiña en roupa desa cor, cousa rara por outro lado porque tampouco son eu de mercar moita roupa e menos laranxa, e así, as cousas non deixaron de ir ben.

Ademais de tocar con Dunia Hennia e flipar co laranxa, eu ía gravar algunhas cousas para o meu, aínda hipotético, disco de guitarra; pois si, xa podedes saber que estou no proceso de rexistrar algúns temas que teño no forno (vese que algúns non aprendemos máis).

E de alí trouxen notas e golpes, consellos e conversas que redireccionaron as ideas que eu levei alí. Creo que foi alí donde coñecín a triste nova da morte Alí Farka Toure, e tamén foi alí donde xa decidín que este disco se ten que chamar Alí, tiña que ser…
Pois tiven a sorte de que Chackib, Santa, Pierrot ou Rubens quixeran compartir comigo as súas ideas e a súa arte REtocando algúns dos meus temas, iso si que foi un regalo de verdade, palmas , karkabu (kas karás kas kas), darbuka, chelo, en fin ouro puro.
Gracias amigos, a xente vese…

marful no auditorio

Posted in novas on xuño 9th, 2006

Aló xente, antes de entrar no relato dos meus experimentos de vida anteriores, deixádeme que vos diga que Marful www.marful.info está de estrea. Estrea de disco e presentación deste o próximo 16 de xuño no Auditorio de Galicia ás 21 h, dentro da programación do ciclo Sons da Diversidade.

Custou votalo fóra máis do que quixemos, porque tivemos problemas na xestación (nada estraño por outro lado) incluso algún amago de aborto, pero finalmente velaí está. Disque che é moi jopiño, e parece ter boa saude´. Vinde velo ho! Ademais a data é basante particular 16/06/06, ó mellor ten parentes no averno. Non sería o peor que lle puidese pasar…

Vai haber sorpresas e amigos por un tubo. Aló xente, vémonos.